luns, 15 de febreiro de 2016

CRA CONTOS FEBREIRO

Xa estamos de novo preparadas para outra sesión de cracontos. Nesta ocasión as contacontos son ben coñecidas por todo o alumnado do noso cole. Se queres descubrir quenes son, aquí vos agardamos na nosa biblio o Xoves 18 de febreiro de 17h a 18h.

Aquí vos vai un avance das historias que imos disfrutar:

O RABAÑO


TEXTO: MARGARITA DEL MAZO 
ILUSTRACIÓN: GURIDI

PREMIO AO MELLOR ALBUM ILUSTRADO GREMIO LITERARIOS DE MADRID 2014


Ser ovella é moi doado. Só hai que seguir o que di o manual: pasear, comer, durmir... pasear, comer, durmir... e axudar a durmir. Non fai falla pensar, abonda con facer o que fan as outras ovellas do rabaño. Pero que pasa cando unha ovella non segue o manual? Que se converte en... unha ovella negra! E como se consegue que a ovella número 4 axude o Miguel a adormecer?

MARGARITA DEL MAZO 
Naceu en Malpica de Tajo (Toledo). No seu pobo natal alzase un castelo con torres, almenas, foxo e uns enormes muros que baña ese río que le da apelido. Neste lugar, creo de pasadizos, túneles e fantasmas, garda historias secretas quede contaban as súas avoas. Foron as que fixeron dela unha auténtica cuentista.
Licenciada en Dereito, pronto viu como o seu camiño se dirigía cara o mundo dos contos. Narra historias de viva voz e sobre papel.

Alguns dos seus libros publicáronse ata en doce idiomas. Como autora, gañou con algunhas das seas obras, premios literarios de gran prestixio como o Premio Lazarillo de Albúm Ilustrado e o Premio Álbum Ilustrado do Gremio de Libreiros de Madrid.



GURIDI
Raúl Nieto Guridi (Sevilla, 1970), fillo de pai delineante e de ni pintora, estudiou Belas Artes por auténtica devoción e vocación. No terreno laboral pasou por empresas de publicidade, de decoración, de arquitectura efímera e do deseo gráfico. Dende o ano 2006 complementa o seu trabajo de profesor de secundaria (Debuxo) coa ilustración.

Segundo a suas propias palabras, no ano 2009 atopa "un estilo propio" e ao ano seguinte começa a publicar dum modo imparable para editores como AH Pípala, OQO, Narval, A buen paso, Litera, La fragatina e Tres Tigres Tristes, destacando as súas colaboracións con escritoras coma Mar Benegas, Margarita del Mazo e Pablo Albo entre outros.
Con textos propios publica " Si yo fuera un gran gigante", "El rey de nada" e "Pasen y vean. Cuaderno de imaginar", no que consegue dar unha volta de rosca aos libros de actividades para nenas e en mediante suxestivas propostas.
Con textos propios publica "Si yo fuera un gran gigante", "El rey de nada" y, con nuestro sello, "Pasen y vean. Cuaderno de imaginar", en el que consigue dar una vuelta de tuerca a los libros de actividades para niños mediante sugerentes propuestas.


IMOS CAZAR UN OSO

Versión de MICHAEL ROSEN
Ilustracións de HELEN OXENBURY
Tradución de SANDRA e ÓSCAR SENRA GÓMEZ 

Imos cazar un oso, un oso grande e fabuloso. Oh, que fantástico día! Ninguén lle ten medo ao oso! Oh-ooh! Herba! Herba alta e mesta. Por riba non podemos pasar. Por baixo non podemos pasar. Oh! Non! Terémola que atravesar!

Un pai e os seus catro fillos inician unha aventura que os levará a ir atravesando un campo de herba, un río, un bosque...
ata que finalmente chegan a unha cova na que aparece un oso que os fai fuxir desandando a toda présa o camiño de volta

á casa. 

A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores. Ao intercalar onomatopeas que describen os movementos da familia, resulta un conto moi dinámico. Ademais, recrea un ambiente sonoro propicio para ser contado e para involucrar o público infantil na narración.
Dende o punto de vista artístico, “Imos cazar un oso” comeza na mesma portada e, incluídas as gardas, ofrece acuarelas
a dobre páxina que enchen a vista con paisaxes e panorámicas nas que destaca a representación da natureza. Helen Oxenbury -que para crear os personaxes inspirouse nos seus fillos
e mesmo no seu propio can- fai un xogo visual ao alternar imaxes en branco e negro con ilustracións en color para diferenciar os planos nos que a familia se dispón a afrontar cada obstáculo, coas escenas nas que se describe como
van evolucionando os protagonistas. Son ilustracións
que van mudando de tons luminosos e lixeiros a cores densas e escuras a medida que se vai acrecentando o suspense
para volver á claridade do fogar. 


MICHAEL ROSEN
(Harrow, Middlesex, 1946)
Ao rematar os estudos no Wadham College de Oxford, en 1969 empezou a traballar na BBC e foi guionista de programas infantís educativos. En 1974 publicou o seu primeiro libro de poesía para nenos. Nos 90 completou a súa formación sobre literatura infantil nas Universidades de Reading e North London. Impartiu clases na Universidade de Londres. Presenta un magazine radiofónico na BBC. Ten recibido nume- rosos premios, como o Children’s Laureate en 2009, e recoñecementos académicos nas Universidades de Exeter, Nottingham e East London, entre outras. Foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo gober- no francés. En 2010 a Unión Nacional de Profesores concedeulle o Premio Fred e Anne Jarvis. www.michaelrosen.co.uk



HELEN OXENBURY
(Ipswich, Suffolk, 1938)
A pintura interesoulle dende moi nova. Estudou na Escola de Arte de Ipswich e na Escola Central de Arte e Deseño de Londres, onde coñeceu o que sería o seu home, o autor e ilustrador John Burningham. Traballou como deseñadora e escenógrafa en compañías de teatro, na cadea de televisión ABC e nos estudos cine- matográficos Shepperton. Dende 1967 desenvolveu unha importante carreira como autora e ilustradora de libros infantís. Vendeu millóns de copias dos seus títu- los, convertidos en clásicos actuais do seu xénero. Gañou en dúas ocasións a Medalla Kate Greenaway e o Premio Kurt Maschler, e ata tres veces o Premio Smarties Book; a súa obra foi distinguida pola Asocia- ción Británica de Bibliotecarios. É unha das creadoras máis valoradas polos expertos en LIX do seu país. 



E como non, despois dos contos unha actividade coa que nos levaremos un recordo para a nosa casa.
Que ganas de que chegue o día!

Esperovos na nosa biblio!
Un bico enorme,
IMAXINICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario