mércores, 27 de xaneiro de 2016

mércores, 20 de xaneiro de 2016

CRA CONTOS

Imaxinica está emocionadísima porque este xoves chega outra sesión de CRA Contos. Nesta ocasión teremos o pracer de disfrutar de dúas historias estupendas:


CHIVOS CHIVONES


Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano
e o chibo chibón
grande...


Un día viron unha herba moi verde que crecía no outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte
e debaixo dela vivía un ogro terrible que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano

e o chibo grande tiveron que argallar o xeito de burlar
o monstro. Unha historia que demostra que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física.

Olalla González
 Adapta para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente creada para ser contada. En “Chibos chibóns”, os cativos atoparán un xogo
de tamaños, números e sons, que tamén se traduce nun xogo tipográfico a través das páxinas do libro. Federico Fernández apórtalle á historia unha boa dose de humor, creando personaxes dotados de moita expresividade.
Existe outra versión deste álbum adaptada á linguaxe
de pictogramas SPC, na colección Makakiños de KALANDRAKA, destinada a persoas con necesidades educativas especiais.
Diplomada en Maxisterio, na especialidade de Educa- ción Primaria. Especialista en animación á lectura, é mestra, narradora e imparte obradoiros de plástica e de literatura. Traballou na libraría Libros para Soñar e no departamento de edición de Kalandraka. Tamén adaptou o conto titulado “Garavanciño”. Actualmente coordina o espazo LoboCoxo, en Bueu.
Federico Fernández(Vigo, 1972)
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pintura. Entre outros galardóns, recibiu o 1o Premio Nacional de Ilustración 2001 por Onde perdeu Lúa a risa?” (Kalandraka). Participou na obra colectiva “Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” (3o Premio Nacional de Edición-Libro de Arte). É un dos promotores do espazo artístico El Halcón Milenario (Vigo). Actualmente é profesor na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. http://doctorfredy.blogspot.com.es 

PACO

O rato da Lúa chámase Paco.
Paco marchou á lúa porque lle tiñan dito que era de queixo fresco. Meteuse nunha nave espacial e, nada máis chegar...


Unha vez na Lúa, Paco decatouse de que non todo era como el pensaba e sentiu ‘morriña’ de todo canto lle resultaba familiar. Pero tamén descubriu que a Lúa pode ser un berce acolledor, cálido e melodioso.
“Paco” é unha obra poética que fala de nostalxia e amizade. A súa autora é unha coñecida narradora oral que traballa no eido infantil como contacontos, escritora e compoñente do grupo de Teatro Berrobambán. Publicou con KALANDRAKA as obras tituladas “Mateo”, que recibiu unha Mención de Honra do Gremio de Libreiros de Cataluña, e “Smara”, que foi galardoada co Premio Isaac Díaz Pardo ás Mellores Ilustracións e incluida pola Biblioteca Internacional da Xuventude, con sé en Munich (Alemaña), na selección ‘The White Ravens’.
Nas ilustracións, que destacan pola súa gran calidez, empregouse unha técnica mixta a base de collage e ceras brandas. Blanca Barrio compatibiliza o seu labor no ensino coa faceta como ilustradora de libros infantís.
PAULA CARBALLEIRA (Fene, 1972)
Licenciada en Filoloxía Hispánica. Completou a súa preparación no ámbito artístico con cursos de interpretación, técnicas de actor e expresión corporal. Como contadora, faceta á que se adica dende 1994, ttraballou en programacións culturais en Galicia e no resto de España, Portugal, Brasil e Chile, entre outros países.
Como actriz, pertence ao grupo de teatro Berrobambán; tamén participa en series de ficción para a Televisión de Galicia. Un dos seus últimos proxectos foi a montaxe teatral infantil titulada “A cabana de Babaiagá”, do Centro Dramático Galego.
BLANCA BARRIO (Burgos, 1967)
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, especializada en Deseño Gráfico. Trala súa formación académica, exerceu como creativa en varias axencias de publicidade. Foi seleccionada ata en dúas ocasións no concurso de ilustración infantil e xuvenil da Xunta de Castela-León. Actualmente imparte clases nun instituto de educación secundaria de Galicia. Traballou no deseño de carteis para compañías de teatro e na ilustración de libros infantís.

  
e por suposto ao rematar unha superactividade para levar de recordo dunha tarde tan xenial.
Non faltedes!
Unha aperta,
IMAXINICA

mércores, 13 de xaneiro de 2016

IMAXINICA ESPERA AS VOSAS VISITAS

Xa arrancou o segundo trimestre e con el, novas visitas a biblio.
Imaxinica ten moitas sorpresas preparadas para este trimestre. Se queres descubrilas ven a visitarnos!

xoves, 7 de xaneiro de 2016

PRIMEIRO TRIMESTRE

Imaxinica estivo moi atarefada durante primeiro trimestre e non puido actualizar o blogue ata agora mesmo.
Durante o primeiro trimestre a nosa biblioteca estivo superactiva.
Aquí vos ofrecemos unha pequena mostra das nossas actividades.

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES APRENDENDO A MOVERNOS POLA NOSA E POR SUPOSTO LEVANDO UN TESOURO EN EMPRÉSTITO PARA CASA:

AS ESTACIÓNS E CELEBRACIÓNS FORON PASANDO E DEIXANDO A SÚA PEGADA:

SAMAÍN-NADAL-OUTONO




O NOSO PROXECTO ANUAL (SINTO COUSAS) VAI COLLENDO FORMA POLAS AULAS:










TRISTEZA E LEDICIA















NA BIBLIOTECA TEMOS A EXPOSICIÓN DAS NOSAS FOTOS EXPRESANDO EMOCIÓNS:





O TERCEIRO XOVES DE CADA MES AS FAMILIAS DO CRA ORGANIZAN CONTACONTOS COS QUE DISFRUTAMOS MOÍTISIMO:




FIXEMOSLLE UNHA HOMENAXE AO NOSO BENQUERIDO NEIRA VILAS:









Isto é só unha pequena mostra de todo o que ocurre na nosa biblio, se te queres enterar de máis, convidamoste a visitarnos.

Unha aperta enorme de IMAXINICA.