mércores, 29 de abril de 2015

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Como non podía ser doutra forma celebramos o día do libro lendo, pero  non so lemos na clase, na casa,na biblioteca..., resulta que no parque tamén lemos, e por iso desprazámanos ao parque de Gondomar e as profes leronlles aos nenos distintos contos e de  distintas formas, velahí van as fotos. Pasámolo xenial!!!!






luns, 13 de abril de 2015

Os nosos peques lendo!!!!

 Decoramos a nosa biblioteca coas fotos dos nenos lendo , a que quedou estupenda?


Desde a biblioteca do CRA , Imaxinica solicitou fotos dos nosos pequenos lendo, coincidindo co  día do libro o próximo 23 de abril, a resposta das familias foi  impresionante, mandáronlle a Imaxinica multitude de fotos, polo quedou moi contenta e agradecida da participación das familias; nos próximos días agardamos máis fotos que colgaremos do Blog e que podedes admirar na nosa Biblioteca. Grazas a todos!!!!!























Cambio dos lotes de libros

Nos próximos días no noso cole cambiaremos os lotes dos libros que nos prestan desde a biblioteca e así poder ter acceso a un sen fin de libros e poder viaxar coa nosa imaxinación polo lugares máis  incribles . Sen esquecer que podemos seguir visitando a Imaxinica e así poder levar para a casa libros, Cds, DVDs, ...

luns, 6 de abril de 2015

Qué é a poesía?

Dende a biblioteca do  noso cole preguntámoslle aos nenos qué é a poesía para vos?
 E como non podía ser doutra forma houbo un sin fin de respostas a cada cal máis orixinal.
Sen dúbida e como recollía  Gustavo Adolfo Becquer : poesía es ti.
Velahí vai unha mostra do que é para os nosos pequenos a poesía.